Publicidad:
Terra
La Coctelera

O programa de As Quendas 2007

VIERNES, 30 DE ABRILEn mondoñedo celebraráse este fin de semana unha das súas tres festas máis importantes, ademáis de que se celebrará a festa da empanada de mondoñedo o día 1 de Maio de 2007.

O programa das festas é o seguinte

VENRES, 27 DE ABRIL

Ás 19.00 horas un gran espectáculo de son consistente no disparo de potentes bombas de palenque anunciarán o comezo das feiras e
festas de “As Quendas 2007“.

Dende a Casa do Concello, ás 19.30 horas, a Comitiva formada polas Autoridades, Pregoeiro, Membros da Comisión de Festas, Raíña das Festas e Damas, xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“desprazaranse cara ó AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA onde terá lugar o PREGÓN pronunciado por Dº. Ramón Loureiro; escritor e xornalista de La Voz de Galicia.

Acto seguido o ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS DE MONDOÑEDO deleitará ao público asistente cunha actuación.

A partir das 23.00horas; na Alameda dos Remedios o público asistente vibrará co CONCERTO que ofrecerá o GRUPO AMERICA.

SÁBADO, 28 DE ABRIL

Ao igual que no día anterior ás 10.30 horas un disparo de potentes bombas anunciará que seguimos de festa.

Ás 14.00 horas na Alameda Sesión Vermú a cargo da Orquestra JOCKER.

Ás
19.30 horas, FESTA INFANTIL no Auditorio Municipal Pascual
Veiga, O MAGO JAVIER MURO presenta o seu espectáculo:
Maxilusión.

Para rematala xornada,
ás 21.30 horas na Alameda dará comezo a festa -
verbena coas orquestras JOCKER E NOCHE DE ESTRELLAS.

DOMINGO, 29 DE ABRIL

A partir das 10.30 horas un disparo de potentes bombas anunciará que da comezo a xornada festiva do domingo.

Ás 13.00 horas, A Banda da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo deleitará a todo o público que se achegue ata o Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ás 14.00 horas na Alameda, Sesión Vermú coa orquestra MILENIUM.

Ás 19.30 horas, o Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo
acollerá a representación da obra de teatro “ROTAS” coas grandes actrices galegas MELA CASAL E GLORIA FERREIRO.

Para rematala xornada, ás 21.30 horas na Alameda dará comezo a festa - verbena coas orquestras MILENIUM E PANORAMA.

LUNS, 30 DE ABRIL

A partir das 10.30 horas un disparo de potentes bombas anunciará que da comezo a xornada festiva do domingo.

Ás 14.00 horas na Alameda, Sesión Vermú coa orquestra PRINCIPAL.

A partir das 19.00 horas, as RONDALLAS DE FERROL, RONDALLA DO CLUB DE CAMPO E A RONDALLA BOHEMIOS; percorrerán as distintas rúas da Cidade para alegrar a tódolos/as visitantes e veciños/as que se acheguen á Cidade do Masma.

Ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar o “HOMENAXE Á MULLER MINDONIENSE DA MÚSICA TRADICIONAL FERROLÁ“. AS RONDALLAS BOHEMIOS E CLUB DE CAMPO, actuarán para todo o público asistente nesta cita ineludible.

Para rematala xornada, ás 21.30 horas na Alameda dará comezo a festa - verbena coas orquestras PRINCIPAL E MONTES.

MARTES, 1 DE MAIO (XXIV FFESTA DA EMPANADA)

A xornada no día grande das Quendas, dará comezo ás 10.30 horas cando un disparo de potentes bombas anunciará a saída da Raíña das festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“cara á Feira de Gando.

Xa na Feira, procederáse á APERTURA DO RECINTO FEIRAL ás 11.00 horas.

Unha hora máis tarde, ás 12.00 horas, na Alameda terá lugar a DEGUSTACIÓN E VENDA DE EMPANADAS de varios tipos, elaboradas artesanalmente polos panadeiros e pasteleiros mindonienses.

No Campo da Feira, ás 13.30 horas, terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO.

A mañá rematará cunha fantástica Sesión Vermú que dará comezo ás 14.00 horas na Alameda, amenizada pola Orquestra NUEVA GENERACIÓN.

Ás 17.00 horas, “MERENDA COS NOSOS MAIORES”. O Pavillón
Municipal de Deportes acollerá esta actividade organizada pola
Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Mondoñedo.
Un acto no que se dará cita os concursos, a música e os
agasallos.

Ás 18.00 horas, na Alameda de Os Remedios, actuación a cargo da
Agrupación Folclórica e o grupo de pandeiretas “PENA DO GOLPE” de Mondoñedo. (En caso de chuvia a actuación terá lugar no Auditorio Municipal).

Para finalizalo día e as festas, a xoldra continuará na Alameda a partir das 21.30 horas coa música que nos traen NUEVA GENERACIÓN E OLYMPUS.

ORGANIZA: Excmo. Concello de Mondoñedo

COLABORA: Asociación Cultural As San Lucas. A COMISIÓN DE FEIRAS E FESTAS “AS QUENDAS 2007“AGRADECE A SÚA COLABORACIÓN E DESÉXALLES

¡FELICES FESTAS!

Ligas de Fútbol mindonienses

Debido a que hai un gran interese nos resultados da liga interna de futbol sala en Mondoñedo, en mindoniense.com estamos pensando en crear unha sección que xere a clasificación a partir de os resultados, de xeito que sexan os propios organizadores do campeonato os que empreguen os nosos servizos para non ter que facer sumas e restas, e a consulta de puntos, tarxetas e demáis, sexa moito máis facil.